terça-feira, junho 14, 2011

Pesimismo Europeo (En Galego) - M. Gonzalez






XoraNon entendes unha palabra? Faille dobre clic
1 ComentariosPrint Email Aumentar Disminuir
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 13 voto/s
Vota Sin interés Poco interesante De interés Muy interesante Imprescindible


“Volver ao Estado-Nación”, así viña titulado un artigo aparecido a pasada semana nun xornal alemán. Cun ton un tanto agridoce o autor viña a concluír que o complicado proceso de construción europea derivou nun sistema onde as decisións importantes se toman sen o necesario respaldo democrático. Dese xeito para recuperar a soberanía popular e a política verdadeiramente dita non hai outra opción que “volver” aos Estados.


Quen lles escribe debe confesarlles o enorme desasosego que significan este tipo de opinións por motivos diversos pero –sobre todo- porque non están carentes de fundamentos. E é que os cidadáns europeos, en xeral, están sometidos a unha ameaza dobre que pon en perigo non só o seu benestar senón o propio sentido da democracia, entendida como a posibilidade de escoller o seu futuro. Por unha banda atopámonos co modelo socioeconómico que se foi construíndo nos últimos anos e que veu marcado pola desrregulación e o abuso do endebedamento familiar para financiar un consumo brutal e en gran medida insostíbel. Modelo que ante a primeira crise seria provocou que tamén os Estados caeran nun forte endebedamento, e que para moitos se converte en trampa cando non persigue fins anticíclicos. Foron as elites financeiras e económicas, en conivencia coas forzas políticas conservadores (mais tamén coas de cruño –que non fondo- socialdemócrata) as que apostaron por esa vía. A grande parte da cidadanía foi cómplice silencioso, no peor dos casos, dun modelo que efectivamente degrada a democracia pois elimina grande parte do marxe de manobra dos poderes públicos para combater a perda de benestar. Pola outra, enfrontámonos ás imperfeccións do proceso de construcción europea que acrecenta máis se cabe a impotencia cidadán. Primeiro porque o espacio do Estado-Nación, ese que a maioría aínda toma como referencia xustamente debido á carencia de “cidadanía europea”, non ten ferramentas para afrontar a crise económica pois delegou boa parte das mesmas nas institucións da UE. Segundo, porque non existe como tal un goberno europeo democraticamente elixido e por tanto quen toma agora as decisións, quen queira que sexa, carece da lexitimidade necesaria. Non é de extranar o 41% de abstención en Portugal, ao fin e ao cabo, que escollas tiñan os cidadáns?


Ben é certo que, na nosa opinión, as cousas terían sido moi diferentes de terse aplicado por parte dos líderes conservadores europeos unha política diferente para saír da crise. Unha política baseada nun keynesianismo de novo cruño e non na austeridade que afoga as economías periféricas do continente. Tamén temos apostado, posíbelmente con máis optimismo que razóns, porque esta crise se convertera en oportunidade xustamente para poñer en marcha un sistema de goberno económico europeo que viñera acompasado dun reforzamento dos mecanismos democráticos a nivel europeo. Mais o caso é que moi pouco apunta a que isto sexa así. Diante disto ás veces un vai perdendo a fe paseniñamente, e o optimismo da vontade vai cedendo espacio ao pesimismo da razón e dos feitos. Ogallá nos equivoquemos, aínda que só sexa por non ter que volver contar en milleiros o pouco diñeiro que nos quede no peto.

Nenhum comentário: